Información xeral
Denominación do título
Máster Universitario en Lingüística Aplicada
Rama de coñecemento: Artes e humanidades
Verificación e autorización
Título interuniversitario: Si
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: Orde do 05/12/2013 (DOG 20/12/2013)
Data de publicación no BOE: 16/04/2014 (corrección de erros: 24/04/2014 e 12/05/2014)
Data da última acreditación: 25/09/2013
Número de créditos e duración
60 créditos, distribuídos en 2 cuadrimestres
Centro responsábel
Facultade de Filoloxía, Universidade da Coruña (universidade coordinadora)
Coordinadora do título
Gabriela Prego Vázquez (gabriela.prego@usc.es)
Centros onde se imparte
Facultade de Filoloxía |
Facultade de Filoloxía |
Facultade de Filoloxía e Tradución |
Universidade coordinadora e universidades participantes
Universidade coordinadora:
Universidade da Coruña
Universidades participantes:
Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo
Outros datos
Periodicidade da oferta: anual
Número de prazas de novo ingreso ofertadas: 10 en cada universidade; 30 en conxunto
Tipo de ensino: presencial
Réxime de estudo: tempo completo e tempo parcial
Linguas en que se imparte: galego e español
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Serán de aplicación os sistemas propostos polas respectivas Universidades nas súas “Normativas de Recoñecemento e Transferencia de Créditos para Titulacións Adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior EEES”.
Están accesíbeis publicamente a través da web nas seguintes ligazóns:
Estas normativas cumpren neste punto co estabelecido no RD 861/2010, de 2 de xullo, polo cal se modifica o RD 1393/2007, de 29 de outubro, e teñen como principios, de acordo coa lexislación vixente, os seguintes:
- Un sistema de recoñecemento baseado en créditos (non en materias) e na acreditación de competencias.
- A posibilidade de estabelecer, con carácter previo á solicitude dos estudantes, táboas de recoñecemento globais entre titulacións que permitan unha rápida resolución das peticións sen necesidade de informes técnicos para cada solicitude e disciplina.
- A posibilidade de especificar estudos estranxeiros susceptíbeis de seren recoñecidos como equivalentes para o acceso ao grao, ao posgrao ou ao doutoramento.
- A posibilidade de recoñecer outros estudos e competencias profesionais acreditadas.
Non poderán ser obxecto de recoñecemento os créditos correspondentes aos traballos fin de grao e máster.
Comisións académicas
Universidade da Coruña (UDC) Esperanza Morales López (coordinadora) Esperanza Acín Vila Félix Córdoba Rodríguez (representante do decanato) |
Universidade de Santiago de Compostela (USC) Gabriela Prego Vázquez (coordinadora) María José López Couso (decana) Xosé Luís Regueira Pablo Gamallo (secretario) |
Universidade de Vigo (UVigo) |