Persoal e infraestrutura

As tres Facultades en que se imparte o máster dispoñen dun cadro cualificado con persoal de administración e servizos para atender as necesidades de funcionamento das excelentes bibliotecas dos tres centros, dos servizos de administración, conserxaría e aulas de informática.

Os servizos que albergan as Facultades, polas súas características e equipamento, como os servizos da UDC, USC e UVigo, e de outras institucións que colaboran no desenvolvemento das actividades formativas (por exemplo, para o desempeño das prácticas externas), observan os criterios de accesibilidade universal e deseño para todos e todas, segundo o disposto na Lei 51/2003, de 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade.

As sesións de aula por videoconferencia para alumnado de diferentes universidades nas materias optativas teñen lugar en polo menos dúas salas de videoconferencia de cada Facultade, totalmente equipadas para a emisión interactiva de vídeo e audio e o envío simultáneo de datos de computador en tempo real.

Nas seguintes ligazóns descríbense detalladamente os servizos e infraestruturas das tres Facultades: