Admisión de estudantes

Número de prazas de novo ingreso

30 en total (10 en cada universidade).

A quen vai dirixido?

Resulta recomendábel, como perfil de ingreso, a existencia dunha formación académica previa no ámbito de Artes e Humanidades ou das Ciencias Sociais, especialmente ter cursado un título de Grao ou equivalente que contemple unha formación específica nos estudos lingüísticos, no ámbito da comunicación.

Criterios de acceso e admisión

O baremo para valorar as solicitudes de admisión presentadas é o seguinte:
(a) Expediente académico: 75% da puntuación
(b) Estar en posesión dunha Licenciatura ou dun grao en Filoloxía, Lingüística, Tradución e Interpretación, Linguas / Letras, ou en outras licenciaturas ou graos das áreas de Humanidades e Ciencias Sociais: 5% da puntuación
(c) Conxunto do currículum vitae: 20% da puntuación (valorarase a posesión do nivel C1 en español ou en galego para estudantes estranxeiros).

Acceso

Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:

  1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
  2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
  3. As persoas tituladas conforme sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
  4. Valorarase a posesión do nivel C1 de español ou galego (ou equivalente).

No caso de haber máis solicitudes que prazas ofertadas aplicaranse os criterios que a Comisión Académica publica cada ano contemplando as indicacións da pdf memoria verificada vixente do título e as normativas das diferentes universidades.

Procedemento de acollida e orientación a estudantes de novo ingreso: reunións e titorización personalizada

O primeiro día de aulas realizarase unha reunión informativa para todo o estudantado do Mestrado. Así mesmo, durante o curso celebraranse diferentes reunións centradas en temáticas específicas, como o Traballo Fin de Mestrado ou as Prácticas en Empresas.

Cada estudante terá un titor ou titora entre o profesorado para orientar os seus estudos, e as coordinadoras procurarán proporcionarlle toda a axuda e información relevante.