alpha1

Mestrado Interuniversitario en Lingüística Aplicada (MiLA)

Este mestrado universitario constitúe unha reorganización e transformación de catro títulos de mestrado anteriormente impartidos nas tres universidades galegas: o Máster Interuniversitario en Lingüística Galega (Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo), o Máster Universitario en Estudos Lingüísticos (USC), o Máster Interuniversitario en Lingüística e as súas Aplicacións (UDC e UVigo) e o Máster Universitario en Lingua e Usos Profesionais (UDC). Destes catro títulos, os tres primeiros —de orientación investigadora— proveñen da reconversión doutros tantos programas de doutoramento, que recibiron a Mención de Calidade do Ministerio. O presente Mestrado Interuniversitario en Lingüística Aplicada (MiLA), implica as áreas de coñecemento de Lingüística Xeral e todas as de linguas presentes no Sistema Universitario Galego.

O programa está dirixido a persoas graduadas en Filoloxía, Lingüística, Tradución e Interpretación, Humanidades e Socioloxía, ou con formación académica afín. Este título permite que o estudantado, atendendo á súa procedencia, adquira e/ou reforce unha formación lingüística avanzada (módulo de cursos obrigatorios, de carácter metodolóxico e fundamental) e se especialice nun ou en varios dos bloques temáticos de carácter esencialmente aplicado en que están agrupadas as materias optativas: didáctica de linguas, lexicografía, lingua de signos, e discurso e sociedade.

Perspectivas en Lingüística III - UVigo - Seminarios do programa de Doutoramento en Estudos Lingüísticos

Achégase o programa dos seminarios Perspectivas en Lingüística para a xornada do próximo luns, 16 de outubro, que terá lugar na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, no salón de graos e na sala de videoconferencia B6B, a partir das 9:30 horas, como parte das accións formativas do programa de doutoramento de Estudos Lingüísticos.

Para a conexión por videoconferencia é preciso avisar con antelación.

Contacto: Maruxa Cabeza, cabeza@uvigo.es

pdf Descargar PDF

perspectivas en linguistica3